Castro de Escuadro, Castro de Escuadro, Maceda
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castro de Escuadro.
| Castro de Escuadro | |
|---|---|
| Parroquia | Castro de Escuadro |
| Concello | Maceda |
| Coordenadas | 42°13′44″N 7°33′48″O / 42.228889, -7.563333 |
| Poboación | 30 hab. (2022) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Castro de Escuadro é unha aldea da parroquia de Castro de Escuadro, no concello de Maceda. Tiña 42 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 17 eran homes e 25 mulleres.
No século XX perdeu poboación por mor da emigración cara a lugares de Cataluña e o País Vasco.
O día 7 de agosto celebrase unha misa solemne con procesión en honra do patrón San Caetano, que visita unha imaxe de San Salvador e a capela da Virxe do Carmo. As festas de Castro de Escuadro celébranse na terceira fin de semana do mes de agosto, en xeral dous días con festa e verbena, sábado e domingo.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[3][4]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castro de Escuadro
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Castro de Escuadro no concello de Maceda (Ourense) | |
|---|---|
Parroquias de Maceda
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 8.agosto.2013.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Maceda – Castro de Escuadro" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 8.agosto.2013.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castro.
- ↑ "Entrada castro en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018.