Castle Combe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 51°29′41″N 2°13′11″O / 51.49463, -2.21971

Lancashire
Condado do Reino Unido
A rúa principal e o río Bybrook.
País Inglaterra
Nome oficial Castle Combe
Poboación 350 habitantes
Distrito Wiltshire
Rexión Sur Oeste Británico
Estado soberano Reino Unido
Policía Wiltshire
Ambulancia Graeat Western

Castle Combe é unha pequena vila de Wiltshire, Inglaterra, cunha poboación de 350 persoas. É famosa polo seu atractivo e a súa tranquilidade, e polos seus fermosos edificios, incluíndo a súa igrexa medieval. O seu mercado do século XIV, levantado cando se concedeu o privilexio de manter un mercado semanal en Castle Combe, está situado no lugar onde converxen as tres rúas principais. Algúns pequenos chanzos de pedra están situados cerca do cruzamento para que os cabaleiros montasen e desmontasen, e moi preto están os restos do "buttercross" ou "cruce de manteiga", lugar no que se vendía este produto durante os mercados. Esta vila foi a anfitrioa dúas veces do evento Domingo Combe, de música extravante que trouxo 4.000 visitantes á vila en 2006.

O hotel de 4 estrelas Manor House Hotel da vila, foi construído no século XIV. Este ten 48 habitacións e 365 acres (1,5 km²) de xardíns.

A vila prosperou durante o século XV cando pertencía a Millicent, a muller de Sir Stephen Le Scrope e despois a Sir John Fastolf (1380–1459), un cabaleiro Norfolk quen foi o máis efectivo señor feudal durante 50 anos. El promoveu a industria da lá, subministrando as súas propias tropas e as doutros para a guerra de Henrique V en Francia.

Castle Combe é a sede dun encontro de automobilismo deportivo, o Circuíto de Castle Combe, situado no abandonado aeródromo da Real Forza Aérea. Este foi tamén utilizado para a rodaxe do filme musical "Doctor Dolittle" , pero son frecuentes as chuvias de verán neste clima, e a irritación dos residentes cara as arbitrarias modificacións dos produtores da área de filmaxe, que foron suficientes para incitar un intento de sabotaxe, frustrando a prodcción. Raymond Austin director/escritor puxo en acción o seu libro "Atópame un espía, Cólleme un traidor", na vila e no distrito. Outras producións inclúen "O asasinato de Roger Ckroyd" un episodio de "Poirot de Agatha Christie", o filme "Stardust", "O home lobo" , e en 1967 a versión fílmica de Doutor Dolittle. Durante setembro de 2010 a vila usouse como lugar de filmación clave para a produción de Steven Spielberg de "Cabalo de Guerra"

A igrexa de St. Andrew é a sede do Reloxo de Castle Combe, un dos moi poucos reloxos medievais ingleses aínda en uso.

Esta vila está cerca das vilas de Grittleton, Ford, Nettleton, Tiddleywink, e a cidade de Chippenham.

Castle Combe está representada no parlamento por James Gray, e no Consello de Wiltshire por Jane Scott, ambos conservadores.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Stephen Cooper, The Real Falstaff, Sir John Fastolf and the Hundred Years War, (Pen & Sword, 2010)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]