Castièro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Situación de Castièro no Val de Arán.

Castièro é un terçon tradicional do Val de Arán, utilizado como circunscrición territorial para as eleccións ao Consello Xeral de Arán. Correspóndese coa parte sur do municipio de Vielha e Mijaran: Vielha, Gausac, Casau, Betren, Escunhau e Casarilh.

Formouse no século XVI ao dividirse en dous o antigo terçon de Vielha. Dende a restauración da estrutura administrativa tradicional do Val de Arán en 1990, elixe 4 dos 13 conselleiros do Consello Xeral de Arán.