Castelo de Villafuerte de Esgueva
Aparencia
Castelo de Villafuerte de Esgueva | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Villafuerte de Esgueva |
Provincia | Valladolid |
Comunidade autónoma | Castela e León |
Coordenadas | 41°43′58″N 4°19′27″O / 41.73281944, -4.32427222 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | gótico (século XV) |
Estilo actual | Restaurado |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castelo de Villafuerte de Esgueva é unha fortificación do século XV situada na vila de Villafuerte de Esgueva, na provincia de Valladolid.
Historia
[editar | editar a fonte]É un castelo señorial acomodado ao estilo doutros da época, como o de Fuensaldaña e o de Torrelobatón. Foi residencia da familia Franco, xudeus conversos provenientes de Toledo, que adquiriron o señorío de Villafuerte.[1] Actualmente é propiedade da Asociación Española de Amigos dos Castelos. Está bastante completo, pero en proceso de restauración. A torre da homenaxe está restaurada e amoblada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diputación de Valladolid. "Villafuerte de Esgueva". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2009. Consultado o 13 de xullo de 2009.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Villafuerte de Esgueva |