Saltar ao contido

Castelo de Montemayor del Río

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de San Vicente
ben de interese cultural
ConcelloMontemayor del Río
ProvinciaSalamanca
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas40°20′57″N 5°53′33″O / 40.349161, -5.892439
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século XIII)
Estilo actualRestaurado
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Montemayor del Río, tamén coñecido como Castelo de San Vicente, encóntrase no alto dun monte agochado nun val xunto á fronteira con Cáceres, na localidade de Montemayor del Río, provincia de Salamanca, Castela e León, España.

Esta vila e o seu castelo tiveron por donos, alá por 1220, o rei Sancho I de Portugal e o seu fillo Afonso "o Gordo". Máis tarde, cara a 1285, foi señor da vila Don Pedro, o fillo máis vello de Afonso X o Sabio. O conxunto actual parece que foi construído nos séculos XIV e XV, probablemente polo infante Don Pedro, ou polo seu fillo Don Sancho. Foi propiedade da familia real ata o ano 1458, cando foi doado polo príncipe Henrique (futuro Henrique IV) a Juan de Silva.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O recinto principal está reforzado con torres redondas e cadradas, entre as que sobresae a da Homenaxe. O seu perímetro non é excesivo e está rodeado dunha simple muralla que conta con porta cara ao oeste, para a defensa dunha ponte, e por alí, desprendéndose cara a abaixo, espállase o casarío da vila. O interior, onde se atopan a parroquia e casas anexas, esta zona é coñecida coma El Cortinar.

Pola parte oriental destaca o verdadeiro castelo e á vez pazo, cun foxo, antemuro no que se abre un pequeno arco semicircular, entre cubos pequenos, e detrás o recinto principal, reforzado por torres cadradas e redondas entre as que sobe, cara ao norte, a torre da homenaxe. A porta, en ángulo dentro dunha torre, ten dous arcos, un agudo e outro escarzano, cunha garita enriba. as xanelas son alinteladas, despois de perder varias delas a decoración que tiñan cara ao exterior, e as ameas están provistas de troneiras redondas e seteiras.

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Foi resturado recentemente.

Propiedade e uso

[editar | editar a fonte]

O castelo pertence ao concello de Montemayor, o cal regula as visitas guiadas polo castelo.

Despois da súa reconstrución, foi aberto ao público o 12 de xuño de 2009, e no seu interior acolle o Centro de Interpretación Medieval. O castelo non pode visitarse de xeito libre, só coas visitas guiadas. Estas visitas poden realizarse de martes a domingo pola mañá ás 10:00, 11:30 e 13:00, e os venres e sabados pola tarde ás 17:00 e 18; 30. O prezo é de 2? entre 6 a 12 anos e maiores de 65, e 3? entre 12 e 65 anos. Grupos de máis de 10 persoas, 2? indistintamente da idade.