Saltar ao contido

Castelo de Kumamoto

Castelo de Kumamoto
Chūō-ku Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
熊本城 (ja)  
銀杏城 (ja)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe da planta
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Material / ingrediente
Implicados
 Mantido por
 Fundador/a
 Propietario/a
Katō Kiyomasa (en) Traducir (1601 - 1611)
Clã Hosokawa (pt) Traducir (1632 - ) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1601 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1877 Editar o valor en Wikidata
 Días abertos
Historia
 Acontecementos importantes
 Conflito
 Substitúe
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Prezo acceso
800 ¥
300 ¥
sen valor Editar o valor en Wikidata
 Altura
   29,5 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Enderezo
熊本県熊本市中央区本丸1−1 Editar o valor en Wikidata
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Patrimonio
Sitio Histórico Especial
Data29 de decembro de 1955

Sitio histórico do Xapón
Data28 de febreiro de 1933

Ben Cultural Importante do Xapón
Códigos e identificadores
Código postal860-0002 Editar o valor en Wikidata
VIAF258232307 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01x1g5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+81-96-352-5900 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: KumamotoCastle Twitter: kumamoto_castle Instagram: kumamoto_castle Youtube: UC-StqMX7Qsa1wp87kRrfuCw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O castelo de Kumamoto (熊本城, Kumamoto-jō) é un castelo situado en Kumamoto, na prefectura de Kumamoto no Xapón. É un castelo grande e extremadamente ben fortificado. O donjon (parte central do castelo) foi parcialmente renovado en 1960 pero as vigas de madeira máis antigas conserváronse. É considerado como un dos tres castelos máis bonitos no Xapón, xunto co castelo de Himeji e o castelo de Matsumoto.[1] Trece estruturas do conxunto do castelo foron designadas «bens culturais importantes».

A historia do castelo de Kumamoto remóntase ao ano 1467 cando Ideta Hidenobu edificou as fortificacións. Estas fortificacións foron desenvolvidas en 1496 por Kanokogi Chikakazu. No ano 1588, Katō Kiyomasa foi transferido ao castelo de Kumamoto. Entre 1601 e 1607, agrandouse considerabelmente o castelo, sendo transformado nun enorme complexo con 49 yagura (torres). A torre do castelo, máis pequena, construída algún tempo despois do donjon, tiña varias instalacións, entre as cales un pozo e unha cociña. O palacio Honmaru Goten foi acabado en 1610. O conxunto do castelo medía aproximadamente 1,6 km de leste a oeste e 1,2 km de norte a sur. O donjon ten 30,3 m de alto.

O castelo foi asediado en 1877 durante a rebelión de Satsuma[2] e o donjon así como outras partes do castelo foron destruídas polo lume. Trece dos edificios do conxunto foron preservados e foron designados «bens culturais importantes». No ano 1960, o donjon foi reconstruído en formigón. Entre 1998 e 2008, o conxunto do castelo beneficiouse de traballos de restauración durante os cales a maioría das estruturas do século XVII foron reconstruídas.

Os muros de pedra curva, coñecidos co nome de Musha-gaeshi, así como saíntes de madeira, foron concibidos para impedir os atacantes penetrar no castelo. As caídas de pedras servían igualmente de medio de disuasión.

No parque San-no-Maru próximo atópase o Hosokawa Gyobu-tei, a antiga residencia do clan Hosokawa, daimio da provincia de Higo durante o Período Edo. No parque desta casa tradicional de madeira atópase un agradábel xardín xaponés.

O 7 de decembro de 2008 acabouse a renovación a grande escala do palacio interior do daimio. Unha cerimonia pública para celebrar a renovación tivo lugar o 20 de abril de 2008.

O 14 de abril de 2016, por mor dun forte terremoto de magnitude 6.5 na escala Richter, o castelo sufriu danos considerábeis nas súas paredes e teitos.[3]

Fotografías antigas

Aspecto exterior actual

  1. "The Three Famous Castles of Japan". Kobayashi Travel Service (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30-08-2011.
  2. Le château Kumamoto-ji, réputé imprenable. Guide Japon.fr.
  3. "Asahi Shimbun". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016.