Castelo de Grajal de Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Grajal de Campos
ben de interese cultural
ConcelloGrajal de Campos
ProvinciaLeón
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas42°19′19″N 5°01′15″O / 42.321944, -5.020833Coordenadas: 42°19′19″N 5°01′15″O / 42.321944, -5.020833
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalRenacentista (século XVI)
Estilo actualBo estado de conservación
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Grajal de Campos é unha construción militar do XVI situada en Grajal de Campos (provincia de León), sobre os restos doutro castelo anterior do século X. Considéraselle o primeiro castelo artilleiro de España. É un impresionante edificio deseñado polo arquitecto Lorenzo de Aldonza, levada a cabo entre os anos 1517 e 1521, por orde de Hernando de Vega, e finalizado polo seu fillo, Juan de Vega, sexto señor de Grajal de Campos. Ten planta cuadrangular con 4 torres grandes onde se emprazaban os canóns de maior calibre. Está construído sobre un pronunciado noiro. Foi declarado Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931.[1][2]

O castelo foi recheado de terra, e a pesar do seu excelente estado de conservación non foi restaurado.

Historia[editar | editar a fonte]

Nun documento do ano 967 xa se menciona a existencia do castello de Graliare. A actual edificación é unha obra gótica tardía de comezos do século XVI, encargada polo poderoso señor de Grajal, Hernando de Vega Comendador Maior de Castela, Presidente do Consello de Ordes Militares e Conselleiro do Consello da India, cuxo fillo Juan sería Presidente do Consello de Castela e primeiro conde de Grajal. Hernando, temendo a inminente revolta de Castela e de León contra Carlos V, non esperou a aprobación real para levantar a defensa. Cando esta chegou en 1521, o castelo xa estaba concluído.

O castelo seguiu gornecido e artillado nos século XVI e XVII. Cando os condes deixaron de habitar en Grajal a comezos do século XVIII, comezou o declive do edificio.

Entre 1833 e 1900 instalouse un cemiterio ao carón do adarve setentrional.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dun cadrado de 73 metros de lado (88 varas) con catro torres nas esquinas e tres plantas. Antano estaba illado por un foso con ponte levadiza e porterna de entrada, todo iso está actualmente enterrado, sen que se atope onde se achaba exactamente. Segundo un manuscrito do século XVIII, achábase no lado meridional do complexo.

A entrada realízase a través dun portelo que dá acceso a unha escaleira de caracol. O interior da fortaleza áchase enteiramente recheo de terra e está inutilizado. As escaleiras das outras tres torres tamén están inutilizadas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Patrimonio Histórico de España, Ministerio de Cultura
  2. "Grajal de Campos, Castelo, en grajalde campos.com". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2011. Consultado o 01 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]