Castelo de Encinas de Esgueva
Castelo de Encinas de Esgueva | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Encinas de Esgueva |
Provincia | Valladolid |
Comunidade autónoma | Castela e León |
Coordenadas | 41°45′19″N 4°06′08″O / 41.755277777778, -4.1022222222222 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | gótico (século XIV) |
Estilo actual | Restaurado |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Encinas de Esgueva é unha fortificación situada no concello de Encinas de Esgueva (Provincia de Valladolid). Atópase na liña defensiva do río Esgueva, preto do encoro de Encinas de Esgueva, e tiña como misión protexer a entrada ao val do río.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinalmente pertenceu ao Meiriñado do Cerrato. A súa construción comezou no século XIV, sendo señores do castelo Alfonso Díez e Gonzalo Gutiérrez. O escudo dos seus muros é o dos Aguilar. En 1850 estaba habitado e era propiedade do Marqués de Lorca.
Arredor de 1950, o seu propietario, Cándido Moyano, vendeuno ao Ministerio de Agricultura, cuxo Servizo Nacional do Trigo empregouno coma celeiro de cereais ata a década de 1970. En 1994 foi cedido ao Concello de Encinas de Esgueva. Na actualidade encóntrase totalmente restaurado e baleiro no seu interior.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista do castelo.
-
Vista do castelo.