Cassadaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cassadaga
Álbum de Bright Eyes
Publicado10 de abril de 2007
Gravación2006
Duración62:05
Xénero(s)indie rock, indie folk, country alternativo
Selo(s)Saddle Creek Records
Producido porMike Mogis
Cronoloxía
Four Winds Cassadaga The People's Key

Cassadaga é o sétimo álbum da banda estadounidense de indie rock Bright Eyes, publicado o 10 de abril de 2007 a través do selo Saddle Creek Records. No ano 2006 o grupo gravou entre 25 e 30 cancións,[1] das cales 13 aparecen neste traballo. O disco foi chamado así polo pobo de Cassadaga, Florida, unha comunidade de mediums e seguidores do espiritualismo.

Z Berg de The Like, Sherri DuPree e Stacy King de Eisley, ademais da artista en solitario Rachael Yamagata, aparecen no álbum. O seu primeiro sinxeo, "Four Winds", foi editado o 6 de marzo de 2007, no EP Four Winds con 5 caras-b que non aparecen en Cassadaga.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Conor Oberst, agás onde se indique.

  1. "Clairaudients (Kill or Be Killed)" – 6:05
  2. "Four Winds" – 4:16
  3. "If the Brakeman Turns My Way" (Conor Oberst e Jason Boesel) – 4:53
  4. "Hot Knives" – 4:13
  5. "Make a Plan to Love Me" – 4:14
  6. "Soul Singer in a Session Band" – 4:14
  7. "Classic Cars" – 4:19
  8. "Middleman" – 4:49
  9. "Cleanse Song" – 3:28
  10. "No One Would Riot for Less" – 5:12
  11. "Coat Check Dream Song" (Conor Oberst e Nate Walcott) – 4:10
  12. "I Must Belong Somewhere" – 6:19
  13. "Lime Tree" – 5:53

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Billboard (ed.). "Bright Eyes Gets Busy On New Album". Consultado o 3 de decembro de 2015.