The People's Key

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The People's Key
Álbum de Bright Eyes
Publicado15 de febreiro de 2011
Estudio(s)ARC Studios
Duración46:58
Xénero(s)indie rock, indie pop
Selo(s)Saddle Creek Records
Producido porMike Mogis
Cronoloxía
Cassadaga
(2007)
The People's Key -

The People's Key é o oitavo e derradeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Bright Eyes, publicado o 15 de febreiro de 2011, o día do aniversario de Conor Oberst a través do selo Saddle Creek Records. O disco foi gravado en Omaha, Nebrasca, nos ARC Studios, producido por Mike Mogis, e gravado por Mogis e Andy LeMaster.[1] Antes do seu lanzamento apareceu na súa totalidade en streaming a través de internet como parte da serie "First Listen" da NPR.[2]

O álbum conta como artistas invitados con Andy LeMaster de Now It's Overhead, Matt Maginn de Cursive, Carla Azar de Autolux, Clark Baechle de The Faint, Shane Aspegren de The Berg Sans Nipple, Laura Burhenn de The Mynabirds, e Denny Brewer de Refried Ice Cream. As letras falan de Haile Selassie, do León de Xudá e de I and I; todas estas cousas relacionadas co movemento rastafari.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Conor Oberst, agás onde se indique. 

N.º Título Duración
1. "Firewall"   7:16
2. "Shell Games"   3:55
3. "Jejune Stars"   4:10
4. "Approximate Sunlight" (Oberst, Nate Walcott) 4:24
5. "Haile Selassie"   4:33
6. "A Machine Spiritual (In the People's Key)"   4:19
7. "Triple Spiral"   3:51
8. "Beginner's Mind"   3:55
9. "Ladder Song"   3:58
10. "One for You, One for Me"   6:37
47:02
iTunes Pre-order Edition
N.º Título Duración
11. "Singularity"   4:30
Deluxe Pre-order Edition
N.º Título Duración
1. "Singularity"   4:30
2. "In the Real World"   3:36

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bright Eyes Return With New Album". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-10-24. 
  2. "First Listen: Bright Eyes, 'The People's Key'". NPR.org (en inglés). Consultado o 2019-10-24.