Saltar ao contido

Casiopea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Casiopea[1] (en grego antigo Κασσιέπεια o Κασσιόπεια) era na mitoloxía grega a esposa do rei Cefeo de Etiopía e nai con el de Andrómeda, cuxa beleza ela enxalzaba por encima da das Nereidas. Este orgullo foi a causa de todas as súas desgrazas, pois Poseidón enviou un monstro ao país que devastou as súas terras, e ao que Andrómeda ía ser sacrificada cando foi salvada por Perseo[2]. De acordo con outras fontes Casiopea alardeaba de superar ás Nereidas en beleza, e por esta razón representábase, cando era situada entre as estrelas, como volta de costas[3].

  1. "Casiopea". Diciopedia do século 21 I. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 453. 
  2. Hixinio, Fábulas 64.
  3. Arato, Fenómenos 187 y sig.; Manilio, Astronómica i.355.