Casa Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa Rodríguez Fernández
Casa Rodríguez Fernández, en Ferrol
Edificio
Estilomodernista
LocalizaciónFerrol
Coordenadas43°29′11″N 8°14′02″O / 43.486388888889, -8.2338888888889Coordenadas: 43°29′11″N 8°14′02″O / 43.486388888889, -8.2338888888889
Propietarioparticular
Construción
Inicio1912
Dimensións
Plantas3
Equipo
Arquitecto(s)Rodolfo Ucha Piñeiro
Promotorfamilia Rodríguez Fernández
editar datos en Wikidata ]

A casa Rodríguez Fernández é un edificio de estilo modernista situado na cidade de Ferrol, deseñado polo arquitecto galego Rodolfo Ucha Piñeiro en 1912.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Foi construída en 1912 como vivenda unifamiliar exenta, con dous pisos e unha terceira planta baixo-cuberta a dúas augas. Destacan principalmente o gablete decorativo de perfil graduado na fachada principal e a fórxa das xanelas e balcóns, de estilo modernista, aínda que con trazos do eclecticismo finisecular do século anterior.[2] O acceso ao edificio realízase por medio dun portal na rúa Rubalcava xunto á medianeira cega, á que posteriormente se encostou un novo edificio, mentres que a fachada principal queda disposta mirando a unha rúa de menor entidade.[2]

A edificación pertence ao conxunto histórico-artístico do barrio da Madalena[3] e á ruta modernista de Ferrol. Atópase emprazada en plena ruta do camiño inglés.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ayuntamiento de Ferrol. "Modernismo en Ferrol" (PDF). Ayuntamiento de Ferrol. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Castelo Álvarez, Bernardo (2000). Ferrol: morfología urbana y arquitectura civil, 1900-1940 (1ª ed.). A Coruña: Universidade da Coruña. pp. 278–280. ISBN 84-95322-74-9. 
  3. Axencia Galega de Turismo Turgalicia (13 de abril de 2018). "Edificio singular. Casa Rodríguez Fernández en Ferrol, (A Coruña)" (en castelán). Consultado o 9 de dicembro de 2019. 
  4. La Voz de Galicia (6 de novembro de 2019). "La Ruta del Modernismo en Ferrol" (en castelán). Consultado o 15 de janeiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]