Carriel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O carriel é un tipo de bolso ou carteira de coiro de uso masculino na rexión paisa colombiana dende os tempos da Colonia. É unha peza de vestir distintiva dos señores antioqueños, totalmente exclusiva das zonas do departamento de Antioquia e a vella Caldas (no presente son os departamentos de Caldas, Risaralda e Quindío).[1] Utilizouse amplamente para a supervivencia dos arrieiros, e unha das súas características é que adoita ter numerosos petos e compartimentos, algúns chamados "segredos".[2][3]

O carriel foi de uso bastante popular cando Antioquia, (Colombia), era unha rexión maioritariamente agraria, pero o proceso de urbanización nacional fixo que o carriel quedase en certa maneira relegado ó uso campesiño. Porén, adquiriu cos anos un forte sentido de pertenza, simbólico - cultural, na rexión paisa de Colombia e na identidade histórica paisa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dier, Andrew (2014). Colombia. Moon Handbooks. Berkeley, California: Avalon Travel. p. 256-257. ISBN 978-1-61238-627-0. 
  2. Appelbaum, Nancy P. (2003). Muddied Waters: Race, Region, and Local History in Colombia, 1846–1948. Durham, Carolina do Norte: Duke University Press. p. 151. ISBN 978-0-8223-3080-6. 
  3. Zuluaga, Andrés Felipe (febreiro de 2013). "El carriel “Sanpedreño” se quedó perdido en la historia". Instantáneas (en castelán). Aló EPM. p. 15. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 02 de outubro de 2018.