Carretilla
Unha carretilla (tamén chamada carreta[1]) é un carro pequeno de man normalmente dunha soa roda cun caixón para colocar carga, que incorpora dúas barras na parte posterior, está deseñado para ser propulsado por unha soa persoa e é utilizado para o transporte a man de carga en distancias curtas.
A carretilla é unha ferramenta ergonómica para transportar diferentes materiais ou ferramentas. É de uso común en obras de construción, en horticultura e xardinaría, así como en granxas. O principio no que se basea o seu funcionamento é o da panca asociado coa posición do centro de gravidade cara á base do centro de apoio (a roda), que lle outorga unha gran eficiencia.
Competición
[editar | editar a fonte]En Galiza faise unha competición chamada Rally de Carretillas en Vila de Cruces,[2] que ten a carretilla como principal protagonista, ademais dunha exposición de carretillas decoradas por artistas e deseñadores gráficos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Carretilla.
- ↑ "El tradicional Rali de Carretillas toma hoy la salida en Vila de Cruces". Faro de Vigo, 10/8/19.
- ↑ Rally de Carretillas de Vila de Cruces.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carretilla |