Saltar ao contido

Carpaccio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carpaccio
Gastronomía de Italia Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   carpaccio (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Epónimo
 Prato
antepasto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Gastronomía
Características
 Material / ingrediente
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1950 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
TasteAtlascarpaccio Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01fd94 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Carpaccio servido no que se poden ver o queixo en lascas.

O carpaccio é unha preparación en finas láminas dunha carne ou peixe, crus. Dentro das carnes a máis usada é a de tenreira. Bótaselle aceite de oliva e algunhas gotas de limón, todo iso decorado con labras de queixo Grana Padano. É posible encontrar carpaccio de ñu ou bovino, avestruz, touro, angus, cabalo ou lontra.

Se ben a orixe exacta do prato se ignora, acostúmase afirmar que data de mediados do século XX e que procede da invención de Giuseppe Cipriani[1] no Harry's Bar de Venecia,[2] onde sería preparado a pedido dunha cliente e amiga, a condesa Amalia Nani Mocenigo, a quen o seu médico lle prescribira comer carne crúa. Pola súa similitude cromática coas obras do pintor Vittore Carpaccio, cunhas obras que se caracterizan pola profusión do vermello e o amarelo, pois foi bautizado deste xeito.

Consideracións sanitarias

[editar | editar a fonte]

Todo aquel que tome este prato (de tenreira) debe asumir un risco de contaxio por teníase, aínda que a niveis sanitarios non ten problema ningún, xa que é asintomático. Recoméndase especial precaución coas mulleres encintas. Débese considerar a posibilidade de contaxio por toxoplasmose a través do consumo de carne crúa.

  1. "CNN.com - Food Central - Harry's Bar of Venice - a modern Italian landmark - October 13, 2000". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2012. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
  2. Articolo in The Guardian