Carnmore
| An Carn Mór (ga) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Irlanda | |||
| Provincias | Connacht | |||
| Condados | Condado de Galway | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 12 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Sitio web | carnmore.net | |||
Carnmore (en irlandés An Carn Mór)[1] é unha localidade irlandesa no extremo sur de Claregalway, aproximadamente a 13 quilómetros ao leste da cidade de Galway, no condado homónimo (Irlanda). Carnmore está dentro do Gaeltacht aínda que a maioría dos residentes utilizan o inglés como primeira lingua. A zona é máis coñecida por ser a localización do aeroporto de Galway e tamén polo seu equipo sénior de hurling.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]De interese arqueolóxico na zona hai unha fermosa Souterrain que foi descuberta hai uns anos - había dúas ou tres cámaras e unha entrada a cada cámara que se construíron ben e cerca de 2,1 m de altura. Tamén hai un Lisheen en Carnmore, onde están enterrados a maioría dos niños, mais algúns adultos tamén. Hai tamén algúns lugares de enterro tipo dolmen na zona. En Claregalway está o convento franciscano, cuxas paredes e a torre están en boas condicións. Hai restos de cinco castelos na parroquia, a meirande parte deles en ruínas - Claregalway, Cloghmoyle, Lydican, Lissarulla e Kiltrogue.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'An Carn Mór'". Logainm.ie (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2019.
