Carn-i-xulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carn-i-xulla

A carn-i-xulla (literalmente “carne e touciño”) é un embutido cru e curado elaborado a partir de febra e touciño moído, condimentado con sal e especias diversas. Para o seu embutido, utilízanse tripas de porco.

Posiblemente sexa un dos embutidos máis antigos de Menorca, remontándose á época do Imperio romano, ao cal se lle atribúen xa preparados de diversos alimentos moídos e embutidos en tripas.

O preludio dos embutidos da cultura culinaria menorquina, e en particular da carnixulla, pódese atopar nunhas tripas de porco recheas que preparaban os romanos a partir dunha mestura heteroxénea de diversos tipos de alimentos, convenientemente triturados e condimentados.

Actualmente estase traballando para conseguir o distintivo de Indicación Xeográfica Protexida para este produto.