Carmiña Navia Velasco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1948 (76 anos) Palmira, Colombia (pt) |
Educación | Universidade de Valle |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora, teólogo, activista polos dereitos das mulleres |
Empregador | Universidade de Valle |
Premios | |
|
Carmiña Navia Velasco, nada en Palmira (Valle del Cauca) o 5 de agosto de 1948, é unha escritora e feminista colombiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou os seus estudos de secundaria no Colexio do Sacro Corazón de Jesús. Desde o seu inicio formativos inclinouse ao estudo da literatura, primeiro como estudante de Letras na Universidade del Valle e anos máis tarde como estudante da Mestría en Lingüística da mesma universidade. En 1978, viaxa a España a cursar o Diplomado en Lingua e Literatura Española no Instituto Iberoamericano de Cooperación en Madrid.
Polo seu importante traballo como escritora, feminista, teóloga e xestora cultural é considerada pioneira nos estudos literarios con enfoque de xénero en Colombia e impulsora de lecturas feminino-populares do texto bíblico. Ademais, é coordinadora do Grupo de Espiritualidade María de Magdala.