Carmiña, flor de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carmiña, flor de Galicia
Ficha técnica
Na rede
IMDB: tt0016710 Filmaffinity: 785186 Editar o valor em Wikidata

Carmiña, flor de Galicia é un filme mudo español producida por Hispánica Film de Madrid, dirixido polo italiano Rino Lupo en 1926 e estreado en 1927. A estrea en Vigo foi no teatro Rosalía de Castro o xoves 17 de febreiro de 1927 en pase dobre. A música, baseada en aires galegos, foi arranxada para a ocasión polo compositor vigués Santos Rodríguez Gómez e interpretada baixo a súa dirección polo coro de Lavadores Queixume dos Pinos[1].

Os exteriores rodáronse en Vigo, Mondariz e noutras localidades da provincia de Pontevedra, e en Vila da Veira (Portugal) e os interiores nos estudos Invicta de Porto. Os rótulos escribiunos Antonio Rey Soto e a publicidade do filme en Galicia realizouse en parte en lingua galega.

É un melodrama de ambiente galego contemporáneo, protagonizada por Carmiña que se ve abandonada tras ir á cidade acompañando ao seu pretendente, un conde, a protagonista desesperada decide suicidarse pero válelle o seu antigo namorado que a salva de morrer e o conde finalmente arrepentido volverá con ela, nunha historia paralela por medio dun flashback conta unha lenda medieval, un mozo asasina ao seu señor para impedir que cumpra o dereito de pernada coa súa moza.

Intérpretes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego: Diario de la mañana, al servicio de los intereses de Galicia Num. s.n. (17/02/1927), p. 2(en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Castro de Paz, José Luis, ed. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. p. 88-90. ISBN 84-89444-22-6.