Carmen Echegaray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carmen de Echegaray»)
Infotaula de personaCarmen Echegaray
Biografía
Nacemento1919 Editar o valor em Wikidata (104/105 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJuan Miguel Teijeiro de la Rosa Editar o valor em Wikidata

María del Carmen de la Rosa Osende, coñecida como Carmen Echegaray ou Carmen de Echegaray, nada en Santiago de Compostela en 1919,[1] foi unha escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Miguel de la Rosa Echegaray, capitán do rexemento de Zaragoza finado en Melilla en 1923, e María del Socorro Osende Fernández. No "Suplemento de los Sábados" do diario santiagués La Noche do 31 de decembro de 1949,[2] nunha compilación da literatura publicada naquel ano, no campo da novela e da narración, dáse conta dunha novela súa intitulada El hombre que supo esperar. Tamén é autora de El amor que lleva a la muerte.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Juan Teijeiro Flores en 1938[4] e tivo tres fillos: Juan Miguel, Miguel Ángel e Luis Teijeiro de la Rosa.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 5-11-1949, p. 3.
  2. Álvarez Blázquez, E. (xaneiro-febreiro-marzo, 1981). "O suplemento de "La Noche" trinta anos despois". Grial (Galaxia) (71): 93. 
  3. "Al margen de una obra de una escritora gallega. Dos magníficas novelas de Carmen Echegaray". El Pueblo Gallego, 7-10-1949, p. 4-5.
  4. El Eco de Santiago, 17-5-1938, p. 2.
  5. "Esquelas", ABC, 20 de xaneiro de 1985, pax. 99.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]