Carme López Fernández
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1992 O Incio, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Valencia |
| Actividade | |
| Ocupación | docente, musicóloga, intérprete musical |
Carme López Fernández, nada en Rubián de Cima, O Incio[1] en 1992, é unha intérprete, docente e musicóloga galega.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou tocando a gaita nunha asociación cultural en Sarria, Grao en Mestra de Educación Primaria con mención en música (USC), Título Superior de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia (CSMV), Máster universitario en interpretación e investigación musical (VIU).[3] Doutorouse na Universidade da Coruña coa tese Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego estudo dun caso representativo (2022), dirixida por Dr/a. Rocío Chao-Fernández.
Ten traballado como mestra en diferentes escolas e asociacións da provincia de Lugo, na Educación Primaria, é docente na Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Educación, Departamento de Didácticas Aplicadas, Área de Expresión Musical).[4] Tamén é docente de Canto Popular, Aula Aberta de Pandereteiras, Aula Aberta de Cantares de Troula na Escola Municipal de Vigo de Música, Folk e Tradicional.[5]
No campo da interpretación, formou parte da OFG SondeSeu, Os Minhotos, Raiceira e Carmela.
No labor de investigación, a súa liña principal diríxese ás músicas de tradición oral e a súa relación coa etnomusicoloxía e a educación, principalmente, vinculándose tanto con ámbitos académicos como divulgativos.Ten publicado artigos en Sinfonías del Cambio: Música y Arte en la Transformación Social, International Humanities Review / Revista Internacional de Humanidades, Congreso EDUCA 2022, CUICIID 2022: congreso Internacional sobre Comunicación, Innovación, Investigación y Docencia.[6]
Discos
[editar | editar a fonte]- Quintela (2024). Obra de música experimental con gaita galega. Son seis temas relacionados co seu pasado, Quintela é a casa dos seus avós.[2] É o primeiro traballo de música experimental para gaita galega, influenciado por compositoras como Éliane Radigue, Pauline Oliveros ou Kali Malone.[7]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2024: Premio Martín Códax da Música na categoría de Música clásica e contemporánea.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Corbelle, Sabela (10 de setembro de 2025). "Coa gaita podes crear ambientes relaxados e tamén máis tensos". Diario de Pontevedra: 52.
- ↑ 2,0 2,1 Álvarez, Paula (2024-06-30). "Carme López, artista de O Incio: «O meu primeiro disco ten como temática as vivencias da infancia»". La Voz de Galicia. Consultado o 2024-06-30.
- ↑ "ORCID". orcid.org. Consultado o 2024-06-30.
- ↑ "Carme Lopez Fernandez Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2024-06-30.
- ↑ Tradicional, Escola Municipal de Vigo de Música Folk e. "Carme López Fernández". Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. Consultado o 2024-06-30.
- ↑ "CARME LOPEZ FERNANDEZ - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2024-06-30.
- ↑ Ruth (2024-04-21). "CARME LÓPEZ PRESENTA QUINTELA. (INTERVENCIÓN MUSICAL)". Fundación Eugenio Granell. Consultado o 2024-06-30.
- ↑ "Premios Martín Códax da Música". premiosmartincodaxdamusica.gal. Consultado o 2024-06-30.