Carlota Corredera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlota Corredera
Nacemento21 de xullo de 1974
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

Elisa Carlota Corredera Llauger, máis coñecida como Carlota Corredera, (Vigo, 21 de xullo de 1974) é unha presentadora, directora, colaboradora de televisión e xornalista galega coñecida por dirixir varios programas de La Fábrica de la Tele e por presentar Sálvame Diario.[1][2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela en 1997; a partir dese momento estivo ligada ao xornal La voz de Galicia. A súa andaina televisiva comezou en Antena 3, canle na que chegou a ser subdirectora do espazo Sabor a ti, de Ana Rosa Quintana, en 2003.

Despois pasou a Telecinco para dirixir programas como TNT, El laberinto de la memoria e Hormigas blancas. En 2009 déronlle a oportunidade de dirixir os espazos de grande audiencia Sálvame Diario e Sálvame Deluxe. Neste último estivo até 2013.

En 2013 uniuse como colaboradora de Abre los ollos y mira, e en 2014 comezou a ser presentadora substituta de Sálvame Diario.[3] Ademais en 2016 colaborou para o mesmo espazo. No verán dese mesmo ano comeza a colaborar tamén en Hable con ellas e presenta o docu-reality Las Campos.[4]

A finais de 2016 anunciouse a súa fichaxe como nova presentadora de Cámbiame a partir do 9 de xaneiro de 2017.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Carlota casou o 15 de xuño de 2013 con Carlos de la Maza, cámara do programa Sálvame Diario.[6] O 23 de xuño de 2015 deu a luz á súa primeira filla, Alba.[7]

Notas[editar | editar a fonte]