Carlos Taboada Tundidor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Taboada Tundidor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1880 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de abril de 1935 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
6 de decembro de 1933 – 15 de maio de 1935

Circunscrición electoral: Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJuan Taboada González Editar o valor em Wikidata
IrmánsAntonio Taboada Tundidor Editar o valor em Wikidata

Carlos Taboada Tundidor, nado en Ourense o 8 de agosto de 1880 e finado na mesma cidade o 26 de abril de 1935, foi un avogado, militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Taboada González,[1] e irmán de Antonio Taboada Tundidor. Estudou Dereito e ingresou na administración militar, da que se retirou como tenente coronel. Católico profeso e afín ao Partido Conservador da facción bugallalista, padeceu o rexeitamento dos monárquicos tralo fin da ditadura de Primo de Rivera[2]. Coa chegada da Segunda República, fundou Acción Popular Agraria na provincia ourensá co apoio de Gil Robles e foi elixido deputado da CEDA pola provincia de Ourense nas Eleccións xerais de 1933, axudándose das antigas redes caciquís do político conservador verinés Luís Espada Guntín.[3] Finou en Ourense o 26 de abril de 1935.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

  • La Castilla vinícola..., 1902.
  • El ejército y la producción nacional, 1910.
  • Organización de los servicios de Intendencia en el Ejército francés al inicio de la guerra con Prusia, 1910.
  • El reclutamiento en Japón, 1911.
  • Testamento militar, 1912.
  • El lago de San Martín de Castañeda, 1913.
  • Las denuncias y querellas delictivas. Apuntes acerca de la mentira como delito, 1930.
  • La igualdad de derechos para los sexos, 1933.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1910 casou no Pinto (Esgos) con María Isabel Álvarez Moreiras,[5] falecida por mor da gripe de 1918.[6] Casou en segundas nupcias con Carmen Galán Salgado en 1921,[7] e foi pai de María Isabel e Amalia Taboada Galán, casada esta última con Elías Palao Martialay.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hecho vandálico". La Región (257). 17 de decembro de 1910. 
  2. Lozano, C. (2017). "A Segunda República en Ourense (I). A dereita política non republicana.". Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (72). ISSN 2659-3491. 
  3. Lozano, C. e Sánchez, P. (2018). "A Segunda República en Ourense (II). Carlos Taboada Tundidor e a CEDA.". Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (75). ISSN 2659-3491. 
  4. La Región, 27-4-1935, p. 1, 6.
  5. "Hecho vandálico". La Región (257). 17 de decembro de 1910. 
  6. Diario de Pontevedra, 13-12-1918, p. 3.
  7. La Región, 11-5-1921, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lozano, C. (2017). A Segunda República en Ourense (I). A dereita política non republicana. Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 72). ISSN 2659-3491
  • Lozano, C. e Sánchez, P. (2018). A Segunda República en Ourense (II). Carlos Taboada Tundidor e a CEDA. Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 75). ISSN 2659-3491
  • Lozano, C. (2018). A Segunda República en Ourense (III). Gil Robles e Acción Femenina Gallega. Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 76). ISSN 2659-3491

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]