Carlos Ramón Fort y Pazos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1807 A Coruña, España |
Morte | 9 de abril de 1878 (70 anos) Madrid, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xurista , historiador , profesor titular |
Empregador | Universidade Central |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Enrique Fort y Guyenet (pt) |
Carlos Ramón Fort e Pazos, nado na Coruña o 24 de novembro de 1807[1] e finado en Madrid o 9 de abril de 1878[1], foi un escritor e historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en ambos dereitos e catedrático de Disciplina eclesiástica, foi reitor da Universidade de Vitoria e do Colexio de Fonseca e profesor nas Universidades de Barcelona, Madrid e Salamanca. Individuo de número e Bibliotecario da Real Academia da Historia, investigou a Historia da Igrexa en España e escribiu monografías sobre o Concordato de 1851 e os convenios entre os monarcas españois e a Santa Sé. Continuou a España Sagrada do padre Enrique Flórez no seu tomo LI, "De los obispos españoles titulares de iglesias in partibus infidelium o auxiliares en las de España".
Obras
[editar | editar a fonte]- Discursos leídos en sesión pública celebrada por la Real Academia de la Historia el 28 de junio de 1857.
- Discurso sobre el estado de los estudios históricos en España durante el reinado de Carlos II, leído en la junta pública que en 1º de julio de 1860 celebró la Real Academia de la Historia.
- De los obispos españoles titulares de iglesias in partibus infidelium ó auxilares en las de España, 1879 póstuma.
- El concordato de 1851 comentado y seguido de un resumen.
- Cartas de San Ignacio de Loyola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pasamar Alzuria & Peiró Martín 2002, p. 262.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Ramón Fort y Pazos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1952). "Fort y Pazos, Carlos Ramón". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 95.
- Pasamar Alzuria, Gonzalo; Peiró Martín, Ignacio (2002). Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos. Móstoles: Ediciones AKAL. pp. 262–263. ISBN 84-4601489-0.
- Vilanova Rodríguez, Alberto. Artigo "FORT Y PAZOS, Carlos Ramón" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.