Carlos Polo López-Berdeal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Polo López-Berdeal
Nacemento1905
Lugar de nacementoMondoñedo
Falecemento31 de maio de 1975
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico e escritor
editar datos en Wikidata ]

Carlos Polo López-Berdeal, nado en Mondoñedo en 1905 e finado en Ferrol o 31 de maio de 1975,[1] foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi párroco de Lago (Xove). Foi nomeado coadxutor de san Xulián de Ferrol en 1938. Foi director do Colegío Academia Masdías. Foi capellán da Armada e en 1959 foi nomeado notario eclesiástico da Xurisdición Central e da Frota. Pronunciou múltiples conferencias e colaborou en moitos xornais galegos e da emigración como El Heraldo Gallego, Vallibria, Faro de Vigo, ...

Obras[editar | editar a fonte]

  • El gran idiota. Farsa en tres actos, 1955.
  • Galicia, en sus hombres de hoy, 1971.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-6-1975, p. 55.