Carlos Pizarro Leongómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1952 Cartaxena de Indias, Colombia |
Morte | 26 de abril de 1990 (37 anos) Bogotá, Colombia |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Cemiterio Central de Bogotá |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Nacional de Colombia Pontificia Universidade Xaveriana |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado, guerrilleiro |
Partido político | Movemento 19 de Abril |
Familia | |
Fillos | María José Pizarro |
Irmáns | Hernando Pizarro Leongómez |
Carlos Pizarro Leongómez, nado en Cartaxena de Indias o 6 de xuño de 1951, e finado en Bogotá o 26 de abril de 1990, foi un guerrilleiro e político colombiano.
Máximo comandante do grupo guerrilleiro Movemento 19 de Abril (M-19) entre 1986 e 1990. Tras deixar as armas, asinar a paz co goberno e reintegrarse á vida civil, foi asasinado o 26 de abril de 1990 sendo candidato presidencial pola Alianza Democrática M-19,[1] movemento político que xurdiu do grupo guerrilleiro M-19 tras a súa desmobilización.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 6 de xuño de 1951 en Cartaxena de Indias, no seo dun fogar acomodado e de raíces conservadoras, fillo do almirante Juan Antonio Pizarro e Margoth Leongomez.
Estudou en varios colexios, tanto laicos como relixiosos, logo entrou ao colexio de La Salle en Bogotá onde se graduou como bacharel.
En 1969, iniciou os seus estudos de Dereito na Pontificia Universidade Javeriana, onde compartiu aulas con Ernesto Samper, Noemí Sanín, Carlos Vicente de Roux, Gustavo Gallón, Camilo Arciniegas, Mario Alario, Guillermo Bueno, Guillermo Márquez Amado, Gilberto Alzate Ronga e outros personaxes importantes na política colombiana.
Tras participar en movementos estudantís, Pizarro foi expulsado da Pontificia Universidade Javeriana por orquestrar unha folga (a única na historia desa institución). Entón ingresou á Universidade Nacional, aínda que finalmente abandonou os seus estudos para entrar na insurxencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Viraje a fondo, clamor nacional". El Tiempo (Colombia). 28 de abril de 1990. Consultado o 28 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bula Camacho, Carlos (2018). Pensamiento Político: Carlos Pizarro Y Bernardo Jaramillo. Cuellar Editores. ISBN 978-958-59849-2-9
- Fuentes, Carlos (2016). Aquiles o El guerrillero y el asesino. ISBN 9789588948423
- Grabe, Vera (2000). Razones de vida. Editorial Planeta Colombiana Editorial. ISBN 9789586149150
- Pizarro Leóngómez, Carlos (1988). Alzate Castillo, Sebastián. Guerra a la Guerra. Editorial Tiempo Presente.
- Pizarro Rodríguez, María José (2015). De su puño y letra. Editorial Penguin Random House Grupo Editorial Colombia. ISBN 9789588806884