Carlos Loureiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Loureiro Rodríguez»)
Infotaula de personaCarlos Loureiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Callobre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Carlos Loureiro Rodríguez, nado en Callobre (A Estrada)[1] o 30 de abril de 1957, é un filólogo e docente galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pais agricultores, estudou ata os nove anos na escola parroquial da súa aldea e posteriormente no INEM da Estrada (na actualidade o IES Manuel García Barros). No ano 1975 comezou os seus estudos universitarios na especialidade de Filoloxía Románica seguido da Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.[2]

Tras acabar os seus estudos, no ano 1981 comeza a impartir clases nun colexio privado na provincia de Pontevedra. No 1982 trasladase como docente ao IES Sánchez Cantón (Pontevedra). Un ano despois, aproba as oposicións, e é destinado ao IES Manuel García Barros, na Estrada; onde á súa vez, termina a súa etapa como docente, xubilándose de maneira anticipada no ano 2017.[2]

Tanto na súa etapa como docente, así como na súa vida diaria, perseguía o obxectivo de dar a coñecer a obra de Manuel García Barros, autor que se pediu que fose conmemorado o 17 de maio de 2022, día das Letras Galegas.[3]

Colaborou con todo o movemento cultural estradense e traballo a prol do fútbol base. Tratou de achegar a literatura ao ensino e, para iso, promoveu a relación do alumnado cos escritores.[4]

Foi xurado dos premios de Álbum ilustrado Alberte Quiñoi[5] e Manuel García Barros de novela.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

Carlos Loureiro con Xesús Fraga.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Álbum fotográfico[editar | editar a fonte]

Como editor[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Relatos curtos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Xunto con Xesús Domínguez Dono:[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]
  • Losada Diéguez, Antón (2006). Na estrada da vida. A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 84-96368-43-2. 
  • Marivaux (2007). As falsas confidencias. A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 84-96368-60-2. 
Como coordinador[editar | editar a fonte]
  • Narrativa contemporánea Tabeirós-Terra de Montes (2005). A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 84-96368-27-0
  • Poesía contemporánea Tabeirós-Terra de Montes (2005). A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 84-96368-26-2
  • Dairas. Técnicas & Gramaxe (2011). A Estrada: IES Manuel García Barros. ISBN 978-84-96368-65-1
  • Pedigree (2013). A Estrada: Edición do Concello da Estrada. ISBN 978-84-616-3645-7
  • Encontros para un estudo. Manuel García Barros: unha vida, unha obra, un pensamento (2013). A Estrada: Edición do Concello da Estrada. ISBN 978-84-695-8658-7
  • Picallo, Héitor et al. (2016). Homenaxe a Olimpio Arca Caldas. O mestre do pobo. A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 978-84-945375-2-3

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2010: Socio de Honra da “Sociedad Hijos del Ayuntamiento de A Estrada” en Cuba.[8]
  • 2010: Medalla de “AMIGO DA SOLAINA” do Padroado da Fundación Casa Museo “A Solaina” de Piloño.[9]
  • 2010: Mención especial no 1º Certame “Mis raíces gallegas 2010” convocado polo “Obradoiro de Cultura Gallega Xosé Fontenla Leal” da Habana (Cuba) polo relato “Flash-Back dun emigrado".
  • O 11 de maio do 2013, homenaxe no Centro Galego da Habana con motivo das “Letras Estradenses, 2013”.
  • 2013: XXIII Premio San Martiño de Normalización Lingüística. O Brado.[10]
  • 2017: Socio de Honra do “Centro Unión Orensana” da Habana.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Carlos Loureiro". editorialgalaxia.gal. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2021. Consultado o 28 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Biografía Carlos Loureiro". aestrada.gal. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2021. Consultado o 28 de xullo de 2021. 
  3. Redacción (2021-04-30). "Presentan en el registro de la RAG la petición de las Letras Galegas para García Barros". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-07-28. 
  4. "Carlos Loureiro". bvg.udc.es. Consultado o 28 de xullo de 2021. 
  5. asociacionescritoras-es. "Gloria Gómez Pavía gaña o I Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi Axenda cultural AELG::". Consultado o 2021-07-28. 
  6. asociacionescritoras-es. "Alberto Lema gaña o XXXIII premio de novela Manuel García Barros Axenda cultural AELG". Consultado o 2021-07-28. 
  7. Requeixo, Armando (14 de outubro de 2020). "Ética e estética de Manuel García Barros". armandorequeixo.wordpress.com. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  8. LUNA*, XOSÉ (2013-11-16). "Carlos Loureiro". Faro de Vigo. Consultado o 2021-07-28. 
  9. "Carlos Loureiro: "Algo falla na normalización dun idioma cando no seu espazo natural ten que haber persoas, entidades... que loiten pola súa pervivencia"". Noticias de Galicia. Consultado o 2021-07-28. 
  10. Galega, Consello da Cultura. "Resólvense os Premios San Martiño de Normalización Lingüística". CONSELLO DA CULTURA GALEGA. Consultado o 2021-07-28. 
  11. Redacción. "El Centro Unión Orensana de La Habana organiza una actividad sociocultural dedicada a las mujeres del colectivo". España Exterior (en castelán). Consultado o 2021-07-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]