Carlos López Riaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carlos López Riaño, nado o 6 de novembro de 1949 en Tuimil (Bóveda), é un político español.

Traxectoria

Licenciado en Dereito, ingresou no PSOE en 1966. Histórico dirixente da corrente do PSOE Izquierda Socialista ata que en 1987 a deixou por discrepancias internas, opúxose á entrada de España na OTAN polo que foi reprobado polo Comité Federal do PSOE. Foi deputado no Congreso dos Deputados, delegado do goberno para o Plan Nacional contra a droga (1994-1996) e durante o seu mandato propuxo abrir un debate en torno á despenalización do cánnabis. Tamén foi concelleiro en Madrid.

Véxase tamén

Ligazóns externas