Saltar ao contido

Carlos II con armadura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carlos II con armadura
Imaxe
 Instancia de
Características
 Material / ingrediente
 Xénero artístico
 Movemento
 Representa a
 Tema principal
 Colección
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1681 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Cifras e dimensións
Altura232 cm Editar o valor en Wikidata
Anchura125,5 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Colección
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
 Número inventario
P007101 (Museo do Prado) Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Carlos II con armadura  é unha pintura ao óleo de 1681 realizada polo pintor español Juan Carreño de Miranda (1614-1685) do rei de España Carlos II. O número de artistas reais, baixo control de Carlos II, fixo que puidese estar en posesión dunha das mellores coleccións de Europa. Este cadro atopábase orixinalmente nunha sala del Escorial, hoxe pertence ao Museo do Prado de Madrid co número de inventario P07101.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O personaxe é un retrato de corpo enteiro do mozo Carlos II de España co pelo longo e vestido cun equipo militar en forma de armadura, botas de montar, a espada e o cetro. A armadura está decorada coa cruz de Borgoña e un brillante sol. Detrás do rei pódese ver unha mesa apoiada sobre leóns de bronce, encima da cal se atopa un casco e unha luva. No fondo, detrás dunha balaustrada, albíscanse dous buques de guerra disparando canóns.

Carlos II foi o último Habsburgo que reinou en España, naceu con discapacidades físicas e mentais e dependeu de coidadores durante toda a súa vida. O artista tivo un traballo difícil para presentar ao rei tanto de forma idealizada como á vez realista.[2] De acordo coa datación da imaxe, o rei contaba con 20 anos de idade. Foi nesta obra a primeira vez que foi representado con vestiduras militares, as referencias bélicas do fondo do retrato, refírense ás guerras con Lois XIV de Francia. Os símbolos debuxados na armadura son os pertencentes á que usou Filipe II na batalla de San Quintín do ano 1557. Os exames realizados na pintura con raios X mostraron, que baixo a capa actual, hai un retrato do rei cuns 10 anos de idade.[3]

  1. National Gallery of Victoria (ed.). "Charles II" (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2016.
  2. Didactalia. Mis museos (ed.). "Carlos II, con armadurra. Descripción y clasificación". Consultado o 28 de xuño de 2016.
  3. Museo do Prado (ed.). "Carlos II, con armadura". Consultado o 28 de xuño de 2016.