Carlos Guastavino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Guastavino
Guastavino.jpg
Nacemento5 de abril de 1912
Lugar de nacementoSanta Fe, Arxentina
Falecemento29 de outubro de 2000
Lugar de falecementoProvincia de Santa Fe
NacionalidadeArxentina
Ocupacióncompositor e pianista
editar datos en Wikidata ]

Carlos Guastavino, nado no ano 1912 e finado no ano 2000, foi un compositor arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De ascendencia italiana, naceu en Santa Fe, mais os seus estudos principais foron en Buenos Aires da man de Athos Palma. Os seus primeiros traballos para voz e piano, Arroyito serrano e Tres canciones sobre un texto de Frida Schulz Mantovani datan do 1939. Mantivo contacto con compositores de diversa índole, dende populares ou folkloristas coma Falú ou Yupanqui ata máis clásicos, coma Manuel de Falla.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa orientación foi folclórica, compoñendo pezas que teñen pasado ó imaxinario popular tales coma Se equivocó la paloma (1941) ou Milonga de dos hermanos. Dende os seus comezos, o seu tono morriñento e popular lle fixeron ganar o favor do público. Mais diversos musicólogos coma Mansilla e Plesch teñen defendido a súa figura coma un compositor máis complexo e variopinto. Unha das súas obras máis salientábeis foron as dúas series de Indianas de inspiración popular e compostas entre o 1967 e 1968. Nelas o canónico coexiste cun estilo máis intelectual e heterodoxo, cun evidente trasfondo popular. Algunhas destas indianas son:

  • Gala del día
  • Quién fuera como el jazmín
  • Chañarcito, chañarcito
  • Viento norte
  • Al tribunal de tu pecho
  • Una de dos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Libreto: Carlos Guastavino Indianas, Mario Castelnuovo-Tedesco Romanero Gitano, Fantasía. Por Cuarteto Vocal Cavatina. Editado por: Columna Música, SL. Dip. Legal: B-48456-08