Carlos Boyero
Carlos Boyero | |
---|---|
Nome completo | Carlos Alberto Manuel Antonio Abdón Sánchez Boyero |
Nacemento | 2 de maio de 1953 |
Lugar de nacemento | Salamanca |
Nacionalidade | Española |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | xornalista e crítico de cinema |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carlos Boyero, nado en Salamanca o 2 de maio de 1953, é un crítico de cine español.
Biografía[editar | editar a fonte]
Durante a súa adolescencia adoitaba ler a Charles Dickens e a Dostoyevski, sendo tamén un gran lector de bandas deseñadas, sendo Corto Maltés o seu personaxe favorito.
En 1971, aos 18 anos, comezou a estudar Ciencias da información na Universidade Complutense de Madrid, onde tivo como compañeiros de clase ao actor Antonio Resines e ao director Fernando Trueba, con este último, participou no ano 1974 como actor, xunto a Óscar Ladoire, na curtametraxe Óscar y Carlos.
Os seus inicios como crítico comezaron a finais dos anos 70 no semanario La Guía del Ocio, onde foi contratado por recomendación do seu compañeiro Fernando Trueba, que xa traballaba no semanario. Debido a que escribía con frecuencia críticas desfavorables que facían peligrar os contratos publicitarios do semanario e a relación da propia revista coas personalidades do mundo do cine foi despedido en 1986.
Despois de ser despedido comeza a traballar en El Independiente e Diario 16, ata o peche deste último no ano 2001, cando pasa a colaborar co xornal El Mundo e dende outubro de 2007 con El País.