Saltar ao contido

Carlos Blanco-Rajoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Blanco-Rajoy
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte2011 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor en Wikidata

Carlos Blanco-Rajoy Martínez-Reboredo, nado na Coruña o 19 de outubro de 1930 e finado na mesma cidade o 31 de xullo de 2011, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencía a unha famosa familia coruñesa da preguerra: o seu avó Ramón Blanco-Rajoy Poyán, fora senador e deputado, e o seu tío Benito Blanco-Rajoy, fora tamén deputado conservador durante o primeiro terzo do século XX.

Carlos Blanco-Rajoy foi presidente da Cámara Provincial Agraria da Coruña durante o franquismo. Nas eleccións xerais de 1979 integrou a candidatura de UCD ao Senado e saíu elixido pola provincia da Coruña. Afiliado posteriormente ao Partido Demócrata Popular, tres anos máis tarde, en 1982 volvería concorrer ás eleccións ao Senado, pero desta vez na lista da coalición que lideraba Alianza Popular, e volveu saír elixido.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]