Carlos Babío Urkidi
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1967 Sada, España |
| Actividade | |
| Ocupación | investigador, escritor, político |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
| Premios | |
| |
Carlos Babío Urkidi,[1] nado en Sada en 1967, é un investigador e escritor galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do Bloque Nacionalista Galego, é autor, canda o historiador Manuel Pérez Lorenzo, do ensaio Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, editado pola Fundación Galiza Sempre en 2017[3]. Por causa da súa publicación foi denunciado, por inxurias e calumnias, polos descendentes de Francisco Franco.[4] A denuncia foi desestimada pola xustiza en xuño de 2021.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nalgunhas fontes de prensa, o segundo apelido figura grafado como Urquidi.
- ↑ O Pazo de Meirás: 80 anos de espolios Arquivado 02 de abril de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 9 de agosto de 2017.
- ↑ Ficha da obra Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine. en Fervenzas Literarias.
- ↑ Diario, Nós. "Os Franco denuncian por calumnias o autor do libro sobre o espolio de Meirás". Nós Diario. Consultado o 2022-01-06.
- ↑ "A xustiza desestima a demanda dos Franco contra Carlos Babío, un dos principais investigadores do espolio de Meirás". Praza Pública. 2021-06-07. Consultado o 2022-01-06.