Carla Núñez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de agosto de 1994 Vigo |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | guionista, humorista |
Carla Núñez, nada en Vigo (Dodro)[1] o 30 de agosto de 1994[Cómpre referencia], é unha cómica e guionista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou a carreira de comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela[1], e realizou o seu proxecto de fin de grao sobre a creación dun selo discográfico[2].
Traballou como guionista en programas da TVG como o reality de aventuras Salvaxe ou Land Rober Tunai Show[1], dirixiu Malas Pécoras e colabora habitualmente en programas da Radio Galega e TVG.
É a creadora e presentadora do podcast de comedia en galego Todo mal[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Patricia Calveiro (18 de marzo de 2023). "Dos guionistas de Teo y Dodro conquistan (sin guion) a las redes sociales con su humor en «Todo mal»". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Teen Records". Instantáneamente hablando. 1 de outubro de 2016.
- ↑ Thalia García (12 de febreiro de 2023). "Actualidad, humor y mucho ingenio: así es Todo Mal, un programa con el gallego por bandera". El Español (en castelán).