Carl von Basedow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carl von Basedow
Carl Adolph von Basedow.jpg
Nacemento28 de marzo de 1799
 Dessau
Falecemento11 de abril de 1854 e 14 de abril de 1854
 Merseburg
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Halle-Wittenberg
Ocupaciónmédico
PaiLudwig von Basedow
IrmánsFriedrich von Basedow
editar datos en Wikidata ]

Carl Adolph von Basedow, nado en Dessau o 28 de marzo de 1799 e finado en Merseburg o 11 de abril de 1854, foi un médico alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do pedagogo Johann Bernhard Basedow, estudou medicina na Universidade de Halle. Discípulo de Johann Friedrich Meckel, aprendeu del unha nova técnica de amputación. Entre 1821 e 1822 é interno en París. Volta a Marseburg en 1822 e loita contra a epidemia de cólera que se declarara na cidade. En 1842 o rei de Prusia noméao conselleiro real e en 1848 convértese no médico oficial do distrito de Merseburg.

En 1840 foi un dos primeiros en describir a enfermidade de Basedow, ou bocio exoftálmico.