Carl Swartz
Carl Swartz | |
---|---|
![]() | |
Primeiro Ministro de Suecia | |
Período | 30 de marzo - 19 de outubro de 1917 |
Antecesor | Hjalmar Hammarskjöld |
Sucesor | Nils Edén |
Datos persoais | |
Nacemento | 5 de xuño de 1858 |
Norrköping | |
Falecemento | 6 de novembro de 1926 |
Estocolmo | |
Organización | Nationella partiet |
Cónxuxe | Dagmar Lundström |
Alma máter | Universidade de Uppsala e Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn |
Profesión | comerciante e político |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Carl Johan Gustaf Swartz, nado en 1858 e finado en 1926, foi un comerciante e político sueco, primeiro ministro de Suecia entre o 30 de marzo e o 19 de outubro de 1917.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era fillo de Erik Swartz, dono dunha fábrica, e da súa esposa Elisabeth Forsgren. Tras completar os seus estudos en Uppsala e Bonn, retornou á súa cidade natal para encargarse dos negocios familiares, a fábrica de tabaco Petter Swartz. Chegou a ter un importante papel na súa localidade, sobre todo culturalmente. Foi presidente da Xunta Directiva de, entre outros, o Banco Central privado sueco entre 1912 e 1917. En 1917 converteuse en reitor universitario.
Como ministro de Finanzas entre 1906 e 1911, estableceu algunhas reformas, que incluían ingresos integrados e taxa á propiedade, que pasaron a ser progresivos. Co amalgamado dos grupos á dereita na cámara baixa do Riksdag, Swartz pasou a ser membro do consello interno do recentemente formado Nationella Partiet (en galego Partido Nacional) en 1912.
Durante a primeira guerra mundial, foi unha figura clave no Riksdag, no seu carácter de Presidente do Comité Permanente de Suplementos entre 1915 e 1917. Co fracaso, debido a presións externas e falta de harmonía interna, do goberno non aliñado partidariamente de Hjalmar Hammarskjöld, o rei Gustavo V convocou ao conservador Swartz para que asumise o cargo de primeiro ministro. Este aceptou a designación, máis por sentido do deber que por desexo persoal de ocupar tal posto. A principal tarefa do novo goberno foi exercer unha influencia tranquilizadora sobre a burguesía, que estaba inqueda, nos días anteriores ao 1 de maio de 1917, polos rumores de que a revolución de febreiro dese ano en Rusia podería estenderse a Estocolmo.
Primeiro Ministro de Suecia | ||
---|---|---|
Segue a: Hjalmar Hammarskjöld |
Carl Swartz | Precede a: Nils Edén |
Nationella partiet |