Saltar ao contido

Carcinoxénese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carcinoxénese
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
 Subclase de
 Parte de
 Estudado por
Características
 Especialidade médica
Fontes e ligazóns
Freebase/m/074dp1 Editar o valor en Wikidata
MeSHD063646 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC555283112 e C2993273003 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
BNE: XX534047
Wikidata C:Commons

Os termos oncoxénese ou carcinoxénese fan referencia literal ó proceso polo cal se produce o cancro. É o proceso polo cal unha célula normal se converte nunha célula cancerosa. Caracterízase pola progresión de varios cambios celulares a nivel do material xenético que finalmente desemboca na reprogramación da célula provocando que se reproduza de maneira descontrolada, formando unha masa maligna.[1]

O cancro prodúcese pola acumulación sucesiva de mutacións. Cada mutación altera nalgunha maneira o comportamento dunha célula.

A división celular é un proceso fisiolóxico que ocorre en case todos os tecidos e baixo diversas circunstancias. Baixo circunstancias normais, o balance entre a proliferación e a morte celular programada, usualmente por medio do mecanismo de apoptose mantense estreitamente regulado asegurando desta forma a integridade de órganos e tecidos. As mutacións no ADN que poden conducir a unha transformación cancerosa interferen con este proceso de control interferindo co programa que o controla.

O proceso de oncoxénese é causado por estas mutacións no material xenético das células normais, que alteran o balance normal entre proliferación e morte celular. Como resultado prodúcese unha división celular descontrolada e un proceso evolutivo destas células por medio de selección natural dentro do organismo. A reprodución rápida e descontrolada de células poden producir tumores benignos e algúns tipos destes tumores poden converterse en malignos que é o que se coñece como cancro. Os tumores benignos non se esparexen a lugares afastados do organismo nin invaden outros tecidos, e polo xeral non representan unha ameaza para a vida a menos que compriman estruturas vitais ou teñan algunha actividade fisiolóxica (por exemplo, que sexan quen de producir algunha hormona). Os tumores malignos son quen de invadir outros órganos, espallarse a lugares distantes (proceso coñecido como metástase) e converterse nunha ameaza para a vida.

  1. ↑ Oncología y cirugía. Bases y principios (en castelán). Editorial El Manual Moderno. ISBN 9786074482874. Los agentes etiológicos son las causas directas de la transformación maligna, ya que alteran diversos mecanismos genéticos y bioquímicos. A este último proceso se le conoce como carcinogénesis u oncogénesis.