Capturing the Killer Nurse
Capturing the Killer Nurse | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Capturing the Killer Nurse |
Director | Tim Travers Hawkins |
Produtor | Robin Ockleford |
Guión |
|
Baseado en | The Good Nurse: A True Story of Medicine, Madness, and Murder de Charles Graeber |
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía | Will Pugh |
Montaxe | Michael Rolt |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 11 de novembro de 2022 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Documental |
Na rede | |
https://www.netflix.com/ca/title/81512108 | |
Capturing the Killer Nurse é un filme documental británico de 2022 dirixido por Tim Travers Hawkins. O filme trata sobre o asasino en serie Charles Cullen e como os investigadores puideron demostrar que Cullen estaba matando pacientes mentres traballaba como enfermeiro en hospitais e nunha residencia de anciáns nos Estados Unidos. O filme baséase no libro de 2013 The Good Nurse de Charles Graeber e foi escrito por Tim Travers Hawkins xunto con Robin Ockleford. Foi producido por Sandpaper Films e Fifty Fifty Post. Estreouse en liña o 11 de novembro de 2022 a través de Netflix.
Contexto
[editar | editar a fonte]Charles Cullen confesou ter asasinado arredor de 40 persoas en nove hospitais e unha residencia de anciáns durante os 16 anos que traballou como enfermeiro en Nova Jersey e Pensilvania.[1] Existen sospeitas de que o número podería ser significativamente maior. Case todos os hospitais nos que traballou albergaron sospeitas de que estaba a poñer en perigo os pacientes, pero ningún deles informou das súas preocupacións aos seguintes destinos laborais de Cullen.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Janos, Adam. "Inside the Minds of Serial Killers Who Worked in Health Care". A&E (en inglés). Consultado o 2022-11-19.
- ↑ "Angel of Death: Killer nurse stopped, but not soon enough". CBS News. 2013-04-29. Consultado o 2022-11-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- West, Thomson (2016-10-03). "Health Care Professional Responsibility and Reporting Enhancement Act" (PDF).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- The Good Nurse (filme de 2022)
- The Good Nurse: A True Story of Medicine, Madness, and Murder (novela)