Saltar ao contido

Cantes minero-levantinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os cantes mineiro-levantinos son un estilo flamenco que se desenvolveu no século XIX na Serra mineira de Cartaxena-La Unión como resultado das grandes migracións de almerienses a esta rexión.

Segundo Manuel Moya, esta acepción toma corpo co nacemento do Festival del Cante de las Minas de La Unión en 1961, aínda que o poeta sevillano Manuel Machado xa a mencionase en 1912 no poema “La Lola”, dentro da súa colección de poemas chamado Cante Hondo.[1]

Trátase dun cante con copla de catro ou cinco versos octosílabos. É unha modalidade moi remarcada de taranta (apenas presenta diferenzas con esta, salvo determinados matices melódicos moi remarcados). O seu creador foi o alacantino Rojo El Alpargatero, quen a legou ao seu fillo para que se perpetuase na historia.

Da malagueña, a granaína e o taranto de Almería, paus herdeiros do fandango, traídos polos obreiros andaluces e o seu contacto cos fandangos locais, xurdiron os denominados cantes mineiro-levantinos:

  • A taranta. Cante difícil, longo e de profunda fondura procedente do fandango almeriense.
  • A minera: Cante tamén difícil e fondo baseado nas penalidades do traballo na mina.
  • A cartagenera: Procede do aflamencamento dos fandangos locais do século XVIII. Non trata temas mineiros.
  • O Fandango minero.
  • A levantica.
  • A murciana.

Desde o ano 1961 celébrase en La Unión todos os meses de agosto o Festival Internacional del Cante de las Minas. Neste festival rememóranse aqueles cantes, que sufridamente alzaban os antepasados mineiros durante o seu longo día de traballo dentro da mina e converteuse nun dos festivais máis importantes do mundo do flamenco en España.

Os seus principais intérpretes son Pencho Cros, Antonio Piñana, Encarnación Fernández, Fosforito e José Sorroche.

 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]