Cangîr Axa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cangîr Axa (tamén en kurdo: Cîhangîr Axa, Changîr Axa; en armenio: Ջահանգիր Աղա; en ruso: Джаангир Ага), nado c. 1874 en Çubuklu (na provincia de Van, unha das seis provincias armenias do Imperio otomán) e finado na prisión de Saratov (RSSF de Rusia) en 1943, foi un destacado militar iézidi.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha vila de Armenia occidental, entón parte do Imperio otomán. Durante a Primeira guerra mundial, como xefe tribal, comandaba unha forza de cabalaría irregular da hamidiye; a comezos do conflito tentou evitar que o seu rexemento, integrado por iézidis, entrara en combate coas tropas rusas.

En 1915, logo da captura de Van polos rusos, Cangîr Axa pasou ao seu bando, xunto con outros catro rexementos iézidis. A alianza militar entre iézidis e armenios comezara xa en 1909, cunha reunión entre o mesmo Cangîr Axa e Andranik Ozanian. Cangîr Axa apoiou militarmente aos rebeldes armenios e, logo do colapso da campaña do Cáucaso, os xinetes de Cangîr Axa se integraron nas tropas de voluntarios armenios; na batalla de Abaran de maio de 1918 a maioría das unidades de cabalaría eran iézidis.

Malia apoiar inicialmente a toma do poder polos soviéticos en Armenia en 1920, posteriormente participou na revoltas anti-bolxeviques de febreiro de 1921.

Foi represaliado polo réxime soviético no período stalinista e encerrado en 1938 na prisión de Saratov, onde finou en 1943. Foi rehabilitado en 1959.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abasyan, Tharê Emer (2005). Cangîr axa (en kurdo). Iereván: Van Aryan. ISBN 9789994138289.