Carambelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Candea (xeo)»)
Carambelos en Hofbieber, Alemaña (xaneiro de 2016).

Un carambelo[1], tamén coñecido como carambo[2], candea[3] ou caramelo[4], é un pedazo de xeo longo e de forma cónica que se forma cando a auga que pinga dun obxecto se conxela por efecto da xeada. Adoitan formarse cando se derrete a neve ou o xeo e a auga formada entra en contacto de novo con temperaturas inferiores a 0 °C, volvéndose conxelar.

En galego, carambelo ou caramelo, tamén pode facer referencia á capa de xeo que se forma na superficie dun líquido cando vai moito frío.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carambelo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carambo.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para candea.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caramelo.