Cancións clínicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cancións clínicas
Álbum de Chicharrón
Publicado9 de novembro de 2018
Estudio(s)Terraforma, O Hío
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Prenom
Producido porRubén Domínguez
Cronoloxía
Postal
(2016)
Cancións clínicas Unha fogueira intacta
(2021)

Cancións clínicas é o terceiro álbum de estudio da banda galega de indie rock Chicharrón, publicado o 9 de novembro de 2018 a través do colectivo artístico Prenom. O disco foi gravado por Ibán Pérez no estudio Terraforma do Hío baixo a produción de Rubén Domínguez.[1]

Ao igual que o seu traballo anterior, Cancións clínicas está totalmente composto en galego. Todos os temas están compostos por Chicharrón e todas a letras foron escritas por Alberto M. Vecino agás "No seu despregar", que é un poema de Gonzalo Hermo titulado orixinalmente "O dó".[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Que máis nos queda por dicir?"   2:19
2. "A túa gravidade"   3:11
3. "_"   0:44
4. "Que tempo fará?"   2:38
5. "Non creo nada do que venden"   3:49
6. "O espanto (occidental)"   6:04
7. "_"   0:26
8. "Que máis dará?"   1:43
9. "_"   1:11
10. "Hai que comer!"   3:08
11. "No seu despregar"   5:02

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Cancións Clínicas by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 13 de novembro de 2018.