Canción de solpor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Canción de solpor
Título orixinalSunset Song
Autor/aLewis Grassic Gibbon
OrixeEscocia
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialEscocia Jarrolds Publishing
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub.Escocia 1932
Galicia 2018
FormatoTapas duras
ISBNISBN 978-84-948421-0-8 (gl)
TraduciónCelia Recarey
editar datos en Wikidata ]

Canción de solpor (en inglés: Sunset Song) é unha novela de 1932 do escritor escocés Lewis Grassic Gibbon. É amplamente considerada unha das máis importantes novelas escocesas do século XX. É a primeira parte da triloxía A Scots Quair. Foi obxecto de numerosas adaptacións, incluíndo unha serie de televisión de 1971 creada por BBC Scotland, un filme e algunhas versións de teatro.

Foi traducida ó galego por Celia Recarey[1] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2018.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A personaxe principal é unha rapaza nova, Chris Guthrie, que crece no seo dunha familia granxeira do estado fiticio de Kinraddie en The Mearns, no nordeste de Escocia, a comezos do século XX. Para Chris a vida é dura, e a súa familia é disfuncional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Irmás Cartoné (ed.). "Canción de solpor, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2018. Consultado o 11 de abril de 2019.