Cana (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → |
| Vexa a entrada do Galizionario acerca de cana |
O termo Cana pode referirse a:
- Cana, cana común (Arundo donax), especie de planta herbácea común en Galiza;
- Cana, en botánica, denominación común de diversas plantas, canaveira, canavela, canivela;
- Cana de azucre, planta herbácea tropical da familia das gramíneas (Saccharum officinarum), cultivada para a obtención do azucre;
- Cana, talo de moitas gramíneas, cilíndrico, oco e con nós, canaveira, canavela, canivela;
- Cana, póla magra dunha árbore;
- Cana, instrumento para pescar, feito orixinariamente co talo dunha cana (cana de pescar);
- Cana, parte da bota, media ou calcetín que cobre o tornecelo ou parte da perna;
- Cana, vara dos foguetes, canaveira, canavela, canivela;
- Cana, ferramenta do oleiro para modelar e alisar, de distinta forma e tamaño segundo a peza que se estea a traballar, canaveira;
- Cana, calquera obxecto, oco e cilíndrico, de forma semellante ao talo das gramíneas, cano, canaveira, canavela, canivela;
- Cana, parte interior e mol dos ósos ou dunha árbore, Cana dos ósos, medula;
- Cana, pelo que tornou branco;
- Cana, fuste da columna;
- Cana da áncora, parte da áncora comprendida entre a cruz e o arganeo;
- Cana do remo, parte do remo delgada, longa e arredondada;
- Cana do temón, panca de madeira ou de ferro con que se fai xirar o temón;
- Cana, doce de forma cilíndrica e alongada;
- Cana, nome que se lle dá á cachaça, aguardente producida a partir da destilación do zume da cana de azucre.
Como topónimo, pode referirse a:
- En Galiza
- Pai da Cana, lugar da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela;
- O Souto da Cana, lugar da parroquia de Meá no concello de Mugardos;
- Canadelo, lugar da parroquia de Chenlo, no concello do Porriño;
- Canai, lugar da parroquia de Perdecanai, no concello de Barro;
- Os Canavás, lugar da parroquia de Senra, no concello de Ortigueira;
- Canavelas, lugar da parroquia de Castromao, no concello de Celanova;
- O Canavello, lugar da parroquia de Illán, no concello de Begonte;
- Canavoso, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Oza-Cesuras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Cano
Canal
Canaledo
Canaval- Caná, vila de Galilea onde Xesús Cristo realizou o seu primeiro milagre.