Campo de concentración de Camposancos
Tipo | campo de concentración centro penitenciario | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Camposancos, España | |||
| ||||
O campo de concentración de Camposancos foi un dos campos de concentración do Franquismo, e acolleu prisioneiros políticos e combatentes do Exército Popular da República.[1][2] Situado na parroquia de Camposancos (A Guarda), estivo activo entre 1938 e 1941.
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio, que tempo atrás fora un colexio xesuíta e posteriormente unha das primeiras universidades desa mesma compañía, foi reconvertido en prisión polo bando sublevado na Guerra Civil xa en xullo de 1936. Nestes primeiros meses de conflito producíronse un número indeterminado de execucións extraxudiciais de detidos.[3] Existe constancia documental do seu uso uso como campo de concentración en outubro de 1937, e en novembro de 1939 volveu a pasar a depender da Dirección Xeral de Prisións. Chegou a albergar a máis de 2000 presos.[4]
O 28 de outubro de 1937, tal e como deixou constancia por escrito o alcalde e arquiveiro de Baiona, fondeou nesta localidade galega o vapor Arichachu con 3.167 homes, 140 mulleres e algúns nenos capturados en Asturias, que foron conducidos en camións a Camposancos. Neste recinto de concentración, coñecido en Galicia como «a porta do inferno», faleceron polo menos 74 reclusos por golpes ou enfermidades provocadas polo pouco espazo e a falta de hixiene e atención médica.[5]
Tamén alí tiveron lugar consellos de guerra sumarísimos, tendo documentado o investigador Marcelino Laruelo, 31 deles. A duración media era dunha hora, pero ao ser xuízos colectivos o tempo dedicado a cada acusado era de apenas cinco minutos. O tribunal comezou a actuar o 4 de xuño de 1938, celebrando tres consellos de guerra nos que se xulgou a vinte homes en cada un deles. Durante todo ese período ditáronse 222 penas de morte (executándose 156), 143 cadeas perpetuas, 118 condenas a 20 anos de reclusión, 51 a 5 anos e 9 a 12 anos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alonso, Sara (4/9/2012). "Camposancos pierde su memoria". El País.
- ↑ Listaxe de persoas de orixe castelá-manchega fusiladas no campo de concentración
- ↑ Hernández de Miguel 2019, p. 219.
- ↑ Hernández de Miguel, Carlos. "Campo de concentración de Camposancos". loscamposdeconcentraciondefranco.es (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2021.
- ↑ Hernández de Miguel 2019, pp. 213-214.
- ↑ Suárez Martínez 2003, pp. 103-116.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Laruelo Roa, M. (1999). "Campo de concentración de Camposancos Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine." en La libertad es un bien muy preciado ISBN 978-84-931175-0-4 (en castelán).
- Hernández de Miguel, Carlos (2019). Los campos de concentración de Franco (en castelán). Penguin Random House. ISBN 978-84-666-6478-3.
- Suárez Martínez, Xosé (2003). "Campos de concentración e prisións en Galicia (1936-1940)". A represión franquista en Galicia: actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria, Narón, 4 a 7 de decembro de 2003. Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
- Uris Guisantes, José Antonio e Santidrián Arias, Víctor Manuel (2022). A porta do inferno. O campo de concentración de Camposancos na Guarda (Pontevedra). Fundación 10 de Marzo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Campo de concentración de Camposancos no proxecto Todo é cárcere.
- Campo de concentración de Camposancos
- José Ballesta e Manxo Fernández: Memoria de Camposancos 2007.
- Podcast documental Un silencio enterrado (2023)