Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo
Aparencia
Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°55′04″N 8°44′29″O / 42.917777777778, -8.7413888888889 |
Localización | Pedra Mámoa, s/n, 15830 Negreira, Galiza |
Estadio | |
Superficie | Herba natural |
Dimensións | 106 x 65 |
Capacidade | 2.000 |
Propietario | Concello de Negreira |
Localía | SD Negreira |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo é unha instalación dedicada á práctica do fútbol situada na vila de Negreira. Nel xoga os seus partidos como local a Sociedad Deportiva Negreira e o seu propietario é o Concello de Negreira.
Conta cun terreo de xogo de herba natural de 106 × 65 metros e bancadas cubertas[1], a súa capacidade total é de 2.000 persoas[2]. Leva o nome de Jesús García Calvo en homenaxe ao fundador e expresidente da cooperativa leiteira Feiraco, con sede no Concello.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Concello de Negreira - Ayuntamiento". www.concellodenegreira.es. Consultado o 2016-04-11.
- ↑ "Campo de Fútbol Municipal Jesús García Calvo - Negreira". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2016-04-11.