Campionato de España de Afeccionados
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | fútbol |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1930 – |
Intervalo de tempo | – 1987 |
Outro | |
Páxina web oficial | rfef.es |
O Campionato de España de Afeccionados foi unha competición de clubs de fútbol amador organizada pola Real Federación Española de Fútbol e disputada polos campións territoriais de afeccionados entre 1929 e 1987.
Disputáronse cincuenta e cinco edicións, sendo o Real Madrid Aficionados —chamado Real Madrid Club de Fútbol C dende 1990— o equipo máis laureado cun total de oito campionatos.
Historia
[editar | editar a fonte]O Campionato de España de Afeccionados foi impulsado durante os anos vinte pola Real Federación Española de Fútbol, como competición de carácter non profesional para promover a competitividade do fútbol afeccionado, especialmente a dos xogadores novos que aínda podían ter oportunidades de se converter en profesionais.
A competición iniciouse finalmente na tempada 1929-30 baixo o nome de Campeonato de España Amateur. Nel participaban os campións de afeccionados de cada federación territorial. Cada federación territorial organizaba un campionato para afeccionados que daba a clasificación para o campionato estatal.
A pesar do carácter afeccionado da competición, os equipos profesionais como o Real Madrid Club de Fútbol, Fútbol Club Barcelona, Real Zaragoza, Sevilla Fútbol Club, Valencia Club de Fútbol, Club Deportivo Castellón, Club Deportivo Alcoyano ou Athletic Club obtiveron cos seus respectivos filiais un total de vinte e dous campionatos nas trinta e oito finais que disputaron. Mesmo os equipos filiais de Club Atlético Osasuna, Real Murcia, Real Betis Balompié, Real Club Deportivo Espanyol ou Real Oviedo acadaron outros tantos subcampionatos, amosando a vantaxe coa que contaban os clubs de Primeira División naquela altura ó teren estruturas de clubs profesionais e poderen dar todo tipo de apoio ós seus clubs afeccionados ou filiais, tanto en medios coma en axudas económicas. Pola contra, os equipos afeccionados atopábanse con moitos problemas, coma os derivados das datas dos encontros ou do custo dos desprazamentos, dificultando aínda máis a súa participación, facendo que ás veces se retirasen do torneo durante o decurso da competición.
Debido ás reformas levadas a cabo pola RFEF, a competición deixou de se disputar en 1987.
Historial
[editar | editar a fonte]- En letra grosa os resultados das finais a un só partido.
Ano | Campión | Subcampión | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
1930 | Club Gijón | Hércules CF | 3-2 | |
1931 | Club Ciosvín | Unión Deportiva Huesca | 4-1 | |
1932 | Imperio Club de Fútbol | SD Erandio Club | 3-0 | |
1933 | SD Erandio Club | Sevilla FC Amateur | 1-0 | |
1934 | Real Unión de Irún | CD Olímpic de Xàtiva | 2-1 | |
1935 | Sevilla FC Amateur | Club Ciosvín | 6-1 | |
1936 | Sevilla FC Amateur | Real Zaragoza | 3-1 | |
1940 | Real Avilés | Sevilla FC Amateur | 4-2 | |
1941 | Real Zaragoza | CD Alcoyano | 2-0 | |
1942 | Valencia CF Amateur | SD Indautxu | 3-1 | |
1943 | Club Langreano | Sevilla FC Amateur | 3-1 | |
1944 | Barreda Balompié | FC Barcelona Amateur | 3-1 | |
1945 | SD Indautxu | FC Barcelona Amateur | 3-0 | |
1946 | Agrupación Deportiva Ferroviaria | Valencia Mestalla | 3-2 | |
1947 | Agrupación Deportiva Ferroviaria | SD Indautxu | 2-0 | |
1948 | CD Alcoyano Amateur | SD Indautxu | 4-0 | |
1949 | FC Barcelona Amateur | SD Indautxu | 3-2 | |
1950 | CD Cuatro Caminos | CD Getxo | 5-3 | |
1951 | CD Baskonia | AR Chamberí de Madrid | 1-0 | |
1952 | FC Barcelona Amateur | Marín CF | 4-1 | |
1953 | SD Eibar | Rayo Vallecano | 7-1 | |
1954 | SR Villaverde Boetticher CF | CD Burriana | 2-0 | |
1955 | Agromán CF | SD Arenas | 3-2 | |
1956 | SD Eibar | Sevilla FC Amateur | 3-0 | |
1957 | CD Galdakao | UD Salamanca | 4-1 | |
1958 | UD Salamanca | Club Deportivo Azkoyen | 5-2 | |
1959 | UD Salamanca | Zeltia Deportiva Porriño | 4-0 | |
1960 | Real Madrid Aficionados | Peñarroya-Pueblonuevo CF | 4-2 | |
1961 | FC Barcelona Amateur | Tomelloso CF | 3-2 | |
1962 | Real Madrid Aficionados | FC Barcelona Amateur | 2-1 | |
1963 | Real Madrid Aficionados | FC Barcelona Amateur | 1-0 | |
1964 | Real Madrid Aficionados | Club Atlético Osasuna B | 2-1 | |
1965 | Real Madrid Aficionados | FC Barcelona Amateur | 4-3 | |
1966 | Real Madrid Aficionados | FC Barcelona Amateur | 4-3 | |
1967 | Real Madrid Aficionados | FC Barcelona Amateur | 2-1 | |
1968 | Bilbao Athletic | FC Barcelona C | 4-1 | |
1969 | CD Cuatro Caminos | Cultural Leonesa | 5-2 | |
1970 | Real Madrid Aficionados | UD San Antonio | 5-0 | |
1971 | FC Barcelona C | CD Getxo | 3-1 | |
1972 | UD Aretxabaleta | Real Murcia Imperial | 2-1 | 2-2 |
1973 | Anaitasuna FT | CP Cacereño | 4-1 | |
1974 | SD Huesca | Real Zaragoza B | 3-0 | |
1975 | Albacete Balompié | AP Almansa | 5-0 | |
1976 | CF Reus | Real Betis B | 0-0 | 5-0 |
1977 | Toscal Club de Fútbol | AP Almansa | 4-2 | 1-2 |
1978 | Cartagena FC | AP Almansa | 2-0 | 1-3 |
1979 | UD Puçol | UD Carcaixent | 4-1 | 1-1 |
1980 | FC Barcelona C | Real Madrid Aficionados | 4-0 | 1-0 |
1981 | Real Zaragoza B | RCD Espanyol Amateur | 2-0 | 1-2 |
1982 | FC Barcelona C | Mazarrón CF | 2-0 | 3-0 |
1983 | Real Zaragoza B | CD Castellón B | 6-1 | 2-2 |
1984 | Real Zaragoza B | Terrassa FC | 1-0 | 2-1 |
1985 | Club Deportivo Naval | Real Oviedo B | 1-3 | 4-1 |
1986 | CD Castellón B | Getafe CF | 10-0 | 2-2 |
1987 | Real Unión de Irún | CD Trintxerpe | 0-1 | 1-2 |