Saltar ao contido

Campionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta
Imaxe
O National Indoor Arena de Birmingham, sede do Mundial de 2018.
Tipocampionato Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorAsociación Internacional de Federacións de Atletismo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1985 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia2 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialworldathletics.org… Editar o valor en Wikidata


O Campionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta é un evento deportivo iniciado en 1987 e que se celebra cada dous anos.

Características

[editar | editar a fonte]

Como antecedente destes campionatos efectuáronse en 1985, en París, os Xogos Mundiais en Pista Cuberta. É a segunda maior proba atlética a nivel mundial, e celébrase nos primeiros meses do ano (febreiro ou marzo) e fóra dos anos en que haxa Xogos Olímpicos ou Mundiais ao aire libre. Debido a que estes campionatos se realizan en pavillóns cubertos, o número de probas é menor que nos outros grandes eventos.