Tareixa de Lisieux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face
Virxe, monxa, mística e Doutora da Igrexa
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1873 en Alençon
Pasamento30 de setembro de 1897 en Lisieux
Proceso de canonización
Beatificación29 de abril de 1923 por Pío XI
Canonización17 de maio de 1925 por Pío XI
Veneración
Venerado/a enigrexa católica
Festividade1 de outubro (Calendario romano)
3 de outubro (Calendario romano pre-1969, calendario melquita)
Santuario principalBasílica de Lisieux

Tareixa de Lisieux (en francés: Thérèse de Lisieux), nada como Marie Françoise-Thérèse Martin en Alençon[1] o 2 de xaneiro de 1873 e finada en Lisieux o 30 de setembro de 1897, tamén coñecida como Santa Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face, foi unha monxa carmelita descalza católica venerada nos tempos modernos. É coñecida como "a floriña de Xesús" ou, simplemente, "a floriña".

Tareixa foi un modelo moi influente para os católicos e outros a causa da simplicidade e da practicidade do seu achegamento á vida espiritual. Xunto con Francisco de Asís, é unha das santas máis populares da historia da igrexa.[2][3] O papa Pío X chamouna "a máis grande santa dos tempos modernos".[4][5]

Tareixa sentiu unha chamada temperá á vida relixiosa e tras superar varios obstáculos en 1888, con 15 anos,[6] uniuse a dúas das súas irmás, Marie e Pauline, na comunidade carmelita enclaustrada de Lisieux (Normandía). Outra irmá, Céline, entrou máis adiante na orde. Pasou 9 anos como relixiosa carmelita, en que desempeñou varios traballos, como o de sancristá e axudante á profesora das novizas. Tras pasar os seus últimos 18 meses no Carmelo nunha "noite de fe" (un tempo en que seica sentiu a Xesús ausente e que mesmo tivo dúbidas sobre a existencia de Deus), Tareixa morreu por tuberculose aos 24 anos.

A súa festividade no calendario romano xeral foi o 3 de outubro dende 1927, ata que en 1969 se trasladou ao 1 de outubro.[7] Tareixa é moi coñecida en todo o mundo, e a basílica de Lisieux é o segundo lugar de peregrinación máis popular de Francia despois de Lourdes.

Familia[editar | editar a fonte]

Foi a filla máis nova de Louis Martin e Marie-Azélie "Zélie" Guérin, ambos canonizados o 18 de outubro de 2015. O matrimonio tivo 7 fillas (das que sobreviviron 5) e 2 fillos (mortos a moi curta idade):

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Canonización de Santa Tareixa na Basílica de san Pedro, Roma

O impacto de Historia dunha alma, colección dos seus manuscritos autobiográficos, impresa e distribuída un ano despois do seu pasamento foi significativo. O papa Pío XI converteuna na "estrela do seu pontificado".[11] Pío X asinou o decreto para abrir o proceso da súa canonización o 10 de xuño de 1914. Bieito XV, para acelerar o proceso, dispensouna do atraso habitual de cincuenta anos que se requirían entre a súa morte e a súa beatificación. O 14 de agosto de 1921 promulgou o decreto das virtudes heroicas de Tareixa, declarándoa "venerábel". Foi beatificada o 29 de abril de 1923.[12]

O 17 de maio de 1925, Pío XI canonizouna, só vinte e oito anos despois da morte dela.[13] Tareixa foi declarada santa cinco anos e un día despois que Xoana de Arco. Porén, a celebración por Tareixa eclipsou con moito a da lendaria heroína. Segundo The New York Times, máis de 60 000 persoas, a maior multitude estimada dentro da basílica de San Pedro dende a coroación de Pío X vinte e dous anos antes, acudiron á cerimonia.[14] Pola tarde, 500 000 encheron a praza iluminada.[15]

Tareixa de Lisieux é padroa dos aviadores, os floristas e as doenzas. En 1927, Pío XI nomeouna copadroa das misións con Francisco Xabier. En 1944, Pío XII converteuna en copadroa de Francia con Xoana de Arco.[16] Mediante a carta apostólica Divini Amoris Scientia do 19 de outubro de 1997, Xoán Paulo II declarouna a trixésimo terceira Doutora da Igrexa,[17] a persoa máis nova e só a cuarta muller.[18]

A devoción a Tareixa estendeuse por todo o mundo.[19] Segundo algúns biógrafos de Édith Piaf, en 1922 a cantante, daquela unha nena de sete anos, foi curada dunha cegueira tras peregrinar á tumba de Tareixa, aínda non canonizada.[20]

Con máis de dous millóns de visitantes ao ano, a Basílica de Santa Tareixa en Lisieux é o segundo lugar de peregrinación de Francia, despois de Lourdes.

A Basílica de Santa Tareixa en Lisieux, foi consagrada o 11 de xullo de 1954 e converteuse nun centro de peregrinos de todo o mundo. Foi dedicada orixinalmente en 1937 polo cardeal Eugenio Pacelli, futuro Pío XII. A basílica ten asentos para 3000 persoas.[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simar, Jean-Marie; Boubli, Nathalie (2013-12-07). "St. Therese's birthplace". Sanctuaire d’Alençon (Shirne of Alençon). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 2018-04-19. 
  2. McBrien, Richard P. (2001). The Pocket Guide to the Saints (1st paperback ed.). Nova York: HarperCollins. p. 672. ISBN 0-06065340-X. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  3. Flinn, Frank K. (2006). Encyclopedia of Catholicism. New York City: Infobase Publishing. p. 598. ISBN 0-8160-7565-4. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  4. Descouvemont, Pierre; Loose, Helmuth Nils (1996). Thérèse and Lisieux. Toronto: Novalis. p. 5. ISBN 2-890-88862-2. 
  5. Xoán Paulo II (19 de outubro de 1997). "Angelus-Proclamation of St Thérèse of the Child Jesus and the Holy Face as a "Doctor of the Church"". vatican.va: Libreria Editrice Vaticana. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  6. The Life of Saint Thérèse of Lisieux
  7. Calendarium Romanum (Libreria Editrice Vaticana, 1969), pp. 104, 141.
  8. Cronoloxía da vida de Sœur Marie du Sacré-Cœur Arquivado 18 de decembro de 2017 en Wayback Machine. no sitio do Santuario de Lisieux.
  9. A vida interior da parella Arquivado 17 de agosto de 2022 en Wayback Machine. nos arquivos do Carmelo de Lisieux.
  10. Ste Thérèse en quelques dates Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na web orne.catholique.fr.
  11. Görres (1959), p. 4.
  12. Lagoutte, Bernard (2012). "About the Relics of saint Thérèse", Santuaire de Lisieux". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  13. "Canonization of St. Thérèse Homily of Pope Pius XI at the Canonization of St. Thérèse on 17 May 1925.". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  14. O'Connor (1983), p. 153.
  15. Descouvemont & Loose (1996), p. 335.
  16. "Saint Therese of Lisieux". Patron Saints Index. 2008-12-07. Consultado o 6 de xuño de 2014. 
  17. Pope John Paul II (19 de outubro de 1997), Divini amoris scientia
  18. As outras tres son Tareixa de Ávila, Hildegard von Bingen e Catarina de Siena.
  19. Nevin (2006), p. 26.
  20. Burke, Carolyn (22 de marzo de 2011). No Regrets: The Life of Edith Piaf. Knopf. p. 10. ISBN 978-0-307-26801-3. 
  21. Laurence Fafchamps. "The Basilica". Sanctuaire de Lisieux. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]