CamelCase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de CamelCase nun indicador.

CamelCase é nunha transformación gramatical, usada decote en linguaxes de programación, que consiste en xuntar as frases ou verbas compostas nun só termo, eliminando os espazos entre termos e aplicando maiúsculas á primeira letra de cada verba, para facilitar o seu uso e evitar conflitos en linguaxes onde os espazos posúen unha significación adicional non relacionada, vinculada ou non influente na súa consideración adicional de separador de termos nas linguaxes naturais. Dentro da práctica da programación considérase un aspecto de estilo na mesma.

Existen dous tipos de CamelCase:

  • UpperCamelCase, cando a primeira letra de todas se atopa escrita en maiúsculas. Ej: ExemploDeUpperCamelCase
  • lowerCamelCase, a primeira letra da primeira verba se atopa escrita en minúsculas e as primeiras letras das demais verbas se atopan escritas en maiúsculas. Ej: exemploDeLowerCamelCase

Trátase dun estándar en programación e nas primeiras ferramentas wiki; tamén se usa ás veces para nomes comerciais. Fóra destes ámbitos non se usa con frecuencia: o primeiro caso coñecido na verba comercial CinemaScope, alleo a contextos de programación.

Un exemplo da súa utilización é a linguaxe de programación Java onde os nomes de clases escrébense seguindo as pautas dun UpperCamelCase, namentres que para os membros das clases úsase lowerCamelCase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]